CONSTITUCIÓN DA MESA NEGOCIADORA - VI CONVENIO

 

Luns, 22 de Febreiro de 2010  
 
No día de hoxe púidose constituír a MESA NEGOCIADORA DO VI CONVENIO de Concertada.
 
Isto foi posible porque se desbloqueou o problema da representatividade entre as patronais.
 
Nesta primeira reunión procedeuse á repartición da representatividade de cada unha das partes tanto patronal como sindical.
 
O banco patronal fixou un total de 14 vogais pola súa banda e os sindicatos fixamos 15 que é o máximo que nos permite o Estatuto dos Traballadores. As porcentaxes e vogais reflectidos na acta son:
 
Polo banco social:
 
 
Porcentaxe*
Vogais
FSIE
36,63%
5
USO
27,13%
4
UXT
23,55%
3
CCOO
12,69%
2
CIG
LOLS
1
*Esta porcentaxe responde ó número de delegados obtidos por cada organización segundo certificación oficial de Traballo de data 12 de febreiro de 2009.
 
 
Polo banco patronal:
 
 
Porcentaxe*
Vogais
EyG
57,14%
8
CECE
21,42%
3
APSEC
14,28%
2
FED-ACES
7,14%
1
*Estas porcentaxes son a representatividade en proporción aos vogais que se lles asignou a cada organización e non polo número de centros que teñen afiliados.
 
Fixáronse as próximas reunións para os días 30 de abril e 13 de maio.

 

PRIMEIRA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

O pasado 30 de abril de 2009 tivo lugar a primeira reunión negociadora do VI convenio. De forma conxunta todas as organizacións sindicais presentamos unha PLATAFORMA CONXUNTA para a negociación do VI Convenio.

As patronais contestaron que estudiarían a proposta e contestarían na seguinte reunión.

Resumo 1ª reunión mesa negociadora VI Convenio Concertada


A próxima reunión terá lugar o 13 de maio de 2009.

SEGUNDA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

O pasado 13 de maio de 2009 tivo lugar a segunda reunión negociadora do VI Convenio.

Nesta, as patronais contestaron á Plataforma conxunta que presentamos as organizacións sindicais. Ademais fixéronnos as súas propostas de cara á negociación.

As organizacións sindicais contestamos que nos ratificabamos na plataforma presentada na primeira reunión e que as patronais nos desen por escrito as súas propostas para analizar o alcance destas.

Resumo 2ª reunión mesa negociadora VI Convenio Concertada


A próxima reunión terá lugar o 21 de maio de 2009.

TERCEIRA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

Na reunión de hoxe (21 de maio de 2009), as organizacións patronais entregaron por escrito as 4 propostas que queren introducir no texto do VI Convenio.
FSIE e o resto de sindicatos insistimos en que queremos unha negociación rápida e áxil polo que solicitamos ás patronais que reconsideren as propostas presentadas hoxe e respondan á nosa proposta sobre salarios (o 3% para todos os niveis e PAS) e as cuestións da plataforma que lles entregamos e que aínda non foron respondidas.

Resumo 3ª reunión mesa negociadora VI Convenio Concertada

A próxima reunión será o día 3 de xuño e fixouse outra posterior para o 19 de xuño.

CUARTA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

Na reunión de hoxe de 3 de xuño de 2009, as organizacións sindicais entregamos propostas concretas de textos que, ao noso xuízo, deben incorporarse ao texto do Convenio e que corresponden ás necesarias adaptacións legais.

Resumo 4ª reunión mesa negociadora VIN Convenio Concertada

Intercambiamos impresións coas patronais e deixamos aberta esta sesión para continuala o próximo 19 de xuño de 2009.

QUINTA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

Tras pospór a celebración desta reunión do 19 de xuño ao 1 de xullo de 2009, esta tivo lugar sen a presenza dunha organización patronal que delegou o seu voto na patronal maioritaria, Educación e Xestión.

As organizacións patronais presentaron un escrito coas adaptacións ás leis que queren facer. Os sindicatos contestamos que houbo pouco tempo para analizalas.

Nos outros aspectos da negociación a patronal non acepta nin un só punto dos propostos polo banco sindical.

Vista a distancia entre as propostas dos bancos patronal e sindical, aprázase a negociación ata o próximo 10 de setembro de 2009.

Resumo 5ª reunión mesa negociadora VI Convenio Concertada

Temos 60 anónimos e ningún membro en liña