FSIE 40 años

VI CONVENIO DE CONCERTADA: ALGO MÁIS CA UNHA SINATURA

 

 

Despois de cáseque 4 anos de negociacións FSIE, xunto coa práctica totalidade das organizacións negociadoras, asinamos o VI Convenio do ensino concertado.

A negociación estivo chea de dificultades e aínda que nalgún momento parecían imposibles de superar puidemos chegar a acordos dentro dun ambiente de recortes e axustes sociais, económicos e educativos que son os que realmente complicaron esta negociación. 

FSIE FIRMA AS TÁBOAS SALARIAIS 2013 DE ENSINANZA CONCERTADA

20131216 114930wNo día de hoxe reuniuse a Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos. Procedeuse á firma das táboas salariais para 2013, por todas as organizacións patronais e sindicais (salvo CIG), correspondentes aos Anexos II, III e VI do devandito Convenio.

 

FSIE VALORA POSITIVAMENTE A SENTENZA DO SUPREMO QUE CONFIRMA A LEGALIDADE DO VI CONVENIO DE ENSINANZA CONCERTADA

Captura de pantalla 2016 10 20 a las 12.42.41FSIE valora moi positivamente a sentenza 780/2016, de 27 de setembro, ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo e dada a coñecer esta semana, pola que se confirma a sentenza 14/2015 da Audiencia Nacional, de 5 de febreiro de 2015, que desestima o recurso interposto por Comisións Obreiras (CCOO) no que este sindicato pedía impugnar e anular varios artigos do VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

FSIE PIDE Ó GOBERNO QUE O SECTOR DA EDUCACIÓN CONCERTADA, PRIVADA E ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE SE BENEFICIE DA NOVA REGULACIÓN DO CONTRATO DE RELEVO

mecO Goberno anunciou unha nova regulación do contrato de substitución e a determinación dos sectores aos que se lles aplicará dita normativa.

FSIE denunciou que a Ley 27/2011 e o Real Decreto Lei 5/2013 estableceron novas condicións sobre a xubilación parcial e o contrato de substitución, que empeoran substancialmente as condicións de acceso e requisitos que se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2019.

REUNIÓN MESA NEGOCIADORA DO VI CONVENIO DE CONCERTADA

Captura de pantalla 2016 04 15 a las 14.01.27Con data 8 de maio reuniuse a mesa negociadora del VI Convenio de Enseñanza Concertada e tratáronse dous temas:

1.- TÁBOAS SALARIAIS 2019
As patronais propuxeron a seguinte subida salarial:
   - Docentes en pago delegado: 2,375%
   - Docentes en niveis non concertados e PAS: 0,7%
O 0,7% que propoñen sae do IPC do 2018 (1,2%) menos a subida do 0,5% na cotización dos traballadores que foi aprobada para 2019 e que deben abonar as empresas.

REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DO VI CONVENIO DE CONCERTADA

Captura de pantalla 2016 04 15 a las 14.01.27Na reunión da Mesa Negociadora celebrada onte, 29 de maio, tratáronse os seguintes temas:

Táboas salariais do 2019

As patronais non presentaron ningunha proposta nova, xustificándose en que non tiveron dispoñibilidade para reunirse e debatelo.

 Banner Decalogo2

Temos 153 anónimos e ningún membro en liña