FSIE 40 años

FSIE APOIA A MATRICULACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS E PRIVADOS DE BACHARELATO COA SÚA CAMPAÑA ANUAL

Cartel A3 Campana de Escolarizacion BachilleratoCoincidindo coa apertura do período de matriculación, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza lanza un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados que imparten Bacharelato.

Coa lema "Sigamos Crecendo Xuntos/ Queremos Crecer Xuntos", FSIE diríxese a todas e todos aqueles mozos que nestes momentos deben decidir onde continuar coa súa formación para lembrarlles que poden elixir un centro concertado ou privado para completar os seus estudos de Bacharelato accedendo así á educación que mellor se adapte ás súas necesidades e intereses.

FSIE NON FIRMA O ACORDO SOBRE O CONTROL HORARIO

Control Jornada FinalFSIE, tras o período de consulta comunicado o pasado día 6 de Xuño na Mesa Negociadora, decidiu non asinar o Acordo subscrito nese día polas organizacións patronais e o resto de sindicatos.

As clarificacións e melloras son escasas e a modificación dalgúns aspectos do convenio colectivo en relación aos recreos e tempos libres entre clases, son un claro retroceso para os docentes que poden xerar máis conflito nos centros.

FSIE segue considerando que a firma foi precipitada, non se aceptaron algunhas das nosas propostas de mellora do texto sobre o que se estaba traballando e, finalmente, o Acordo non profunda nin achega criterios que poidan axudar a resolver a maioría dos problemas que van xurdir nos centros.

FSIE REXEITA AS CRÍTICAS DALGUNHAS ORGANIZACIÓNS Á SÚA LEXÍTIMA DECISIÓN DE NON FIRMAR O ACORDO DE CONTROL HORARIO

Cartel Control de JornadaComo informabamos a semana pasada, FSIE mantivo a súa negativa a asinar o Acordo sobre o Control e Rexistro Horario subscrito polo resto de organizacións sindicais e as patronais na Mesa Sectorial da Concertada celebrada o día 6 de xuño. Nos últimos días algunhas desas organizacións criticaron duramente a lexítima decisión adoptada, desde a súa total independencia, por FSIE.

Desde a organización rexeitamos as devanditas críticas e seguimos defendendo que a firma foi completamente precipitada, sen traballarse coa debida profundidade os aspectos que recolle, e que varios dos seus puntos modifican, sen melloralo, o establecido no Convenio relativo aos tempos libres entre clases, o tempo de recreo e as horas extraordinarias.

 Banner Decalogo2

Temos 43 anónimos e ningún membro en liña