ASINADO O VII CONVENIO DE ENSINANZA E FORMACIÓN NON REGRADA

O pasado xoves 24 de febreiro de 2011 as organizacións patronais CECAP, CECE, ACADE-FECEI e ANCED e as organizacións sindicais FETE-UXT e CCOO procederon á firma do VII Convenio Colectivo de Ensino e Formación non Regrada.

Segundo os asinantes, este novo texto do convenio supón unha estabilización do sector en tempos de crise, garantindo a súa viabilidade para os próximos anos.

O texto do convenio terá unha vixencia de 4 anos (desde 2010 a 2013), inclúe melloras e os seguintes incrementos salariais para os próximos anos:

  • 2010: 0,8 %
  • 2011:  1 %
  • 2012: 1,5 %
  • 2013:  Negociaranse, tendo en conta unha porcentaxe que contemple a desviación dos salarios respecto ao IPC.

 
Resumo das principais novidades
do texto do VII Convenio
 

CONSTITUCIÓN DA MESA NEGOCIADORA DO VII CONVENIO DE NON REGRADA

O pasado 13 de xullo de 2010 constituíuse a mesa negociadora do VII Convenio de Ensinanaza non Regrada.

Esta reunión de constitución estivo marcada polo problema da representatividade no banco patronal, xa que das porcentaxes acordadas e non demostradas por ningunha organización patronal na acta, e apoiados polo banco sindical, a patronal CECAP-CECE non acepta as porcentaxes propostas, afirmando que tén unha representatividade do 70% e que "procederá a interpór a correspondente demanda perante o organismo que corresponda".

Con esta perspectiva prevese unha negociación complicada.

 

Constitución da Mesa Negociadora do VII Convenio de non Regrada

Temos 38 anónimos e ningún membro en liña