FSIE ASINA O IX CONVENIO DE ENSINANZA PRIVADA NON CONCERTADA

A Federación de Sindicatos Independentes de Ensino (FSIE) asinou o venres 18 de marzo de 2011 o IX CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE ENSINANZA PRIVADA DE RÉXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO.

Despois de 10 meses de negociación marcada, inicialmente, polos problemas entre as dúas patronais do sector para establecer a súa representatividade e pola situación de crise económica que afecta dunha maneira moi importante ao sector da Ensinanza Privada non concertada ou subvencionada, desbloquéase e procédese á firma deste novo convenio.

Xunto con FSIE asinaron este novo convenio as organizacións sindicais FETE- UXT e CCOO ademais das patronais ACADE e CECE.

Con este novo convenio FSIE pretende contribuír a dar unha estabilidade ao sector dentro do marco da crise económica que vivimos e que afecta, de forma especial, ao este sector da ensinanza privada non concertada ou subvencionada. A principal mellora deste novo convenio é a subida salarial asinada que permite non perder en exceso poder adquisitivo como si o están facendo os seus homólogos do ensino concertado que en 2010 sufriron un recorte do 5% por parte das Comunidades Autónomas e en 2011 un novo recorte do 5% nos módulos de concertos.

Principais novidades do IX Convenio

IX Convenio de Privada

UNDÉCIMA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN IX CONVENIO

O pasado día 3 de FEBREIRO de 2011 celebrouse a undécima reunión da Comisión Negociadora do IX CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE ENSINANZA PRIVADA DE RÉXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO.

Resumo undécima reunión

DÉCIMA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN IX CONVENIO

O pasado día 20 de XANEIRO de 2011 celebrouse a décima reunión da Comisión Negociadora do IX CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE ENSINANZA PRIVADA DE RÉXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO.

Resumo décima reunión

NOVENA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN IX CONVENIO

O pasado día 21 de decembro de 2010 celebrouse a novena reunión da Comisión Negociadora do IX CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE ENSINANZA PRIVADA DE RÉXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO.

Resumo novena reunión

Temos 37 anónimos e ningún membro en liña