Cumprindo coas esixencias da Ley de Transparencia(1) e respondendo á demanda por parte dos cidadáns de coñecer a que se destina o diñeiro que Institucións e Organizacións sen ánimo de lucro reciben dos fondos públicos, a Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-GALICIA)(2), sindicato con representatividade no ámbito do ensino privado e concertado e mais da atención ás persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, quere facer público o seguinte:

FSIE-GALICIA, como Organización federal, está constituída por 4 sindicatos provinciais: Na Coruña, SINDICATO PROFESIONAL DE ENSINANZA (SPE); en Lugo, SINDICATO DE INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE LUGO (SIELU); en Ourense, SINDICATO DE INDEPENDENTES DA ENSINANZA DE OURENSE (SIEO); en Pontevedra, ASOCIACIÓN SINDICAL INDEPENDENTE DE ENSINANZA DE PONTEVEDRA (ASIEPO).

O financiamento dela susténtase, principalmente, nas cotas dos seus afiliados.

Contabilízase, por outra banda, a subvención "PROGRAMA DE AXUDA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS DAS CENTRAIS SINDICAIS" da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar que anualmente, cunha contía variable, ven sendo concedida, previa xustificación de gasto. A axuda por este concepto, correspondente ao último exercicio de 2015, é: 8833,55 €

É importante sinalar que FSIE-GALICIA non retribúe de ningunha forma ás persoas que ostentan cargos directivos dentro da Federación nin a ningún dos seus liberados, se ben os gastos de locomoción, manutención e estancia, producidos como como consecuencia da acción sindical son reintegrados todos eles, previa xustificación, segundo se recolle no Reglamento del IRPF (RD 439/2007).

(1) Art. 6.1 da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de Transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno.

(2) A Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia constitúese ó abeiro do previsto na Ley 19/1977, de 1 de abril, reguladora del derecho de Asociación Sindical; e na Ley Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de Libertad Sindical; e desenvolve as funcións propias da acción sindical no ámbito do ensino privado, privado-concertado e atención ás persoas con discapacidade.

Temos 30 anónimos e ningún membro en liña