FSIE 40 años

Captura de pantalla 2016 12 12 a las 10.05.56Este sábado 10 de decembro de 2016 publicouse no B.O.E o "Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa", aprobado de urxencia polo Goberno e que modifica a Disposición Final Quinta da LOMCE que establecía o calendario de aplicación das probas finais, ampliándose o prazo de aplicación das mesmas ata que se alcance un Pacto de Estado Social e Político pola Educación que permita aprobar unha nova lei de Educación. Ademais, e como cuestión importante, modifícanse, tamén, algúns dos efectos das probas.

En resumo, as novidades a ter en conta serían:

a) Proba final de Primaria

-Será muestral e realizarase só sobre unha mostra de alumnos que permita obter datos representativos, aínda que as administracións que queiran poderana realizar con carácter censal.

b) Proba final de ESO:

-Será muestral, participando unicamente o alumnado matriculado en 4º ESO que fose seleccionado pola administración educativa. A mostra de alumnos e centros deberá ser suficiente para obter datos representativos.

-As administracións educativas poderán elevar o número de centros participantes por encima das necesidades muestrais ou mesmo realizala con carácter censal.

-Examinaranse exclusivamente pola opción cursada e limitarase ás materias troncais xenerais do último curso.

-Non terá efectos académicos. Terá unha finalidade diagnóstica. A súa superación non será necesaria para a obtención do título de Graduado de ESO, nin os seus resultados constarán no expediente académico individual.

c) Proba final Bacharelato

-Realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios.

-Será similar á Proba de Acceso á Universidade, con dúas importante diferenzas:

-A avaliación terá por obxecto as competencias nos termos establecidos nos currículos de ESO e Bacharelato aprobados en desenvolvemento da LOMCE (Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre).

-Avánzase na uniformidade da proba, que deberá axustarse ás características, datas e contido que se establezan mediante Orde do Ministro de Educación, Cultura e Deporte.

-Non terá outros efectos académicos que os do acceso á universidade.

-Limitarase ás materias troncais xerais do último curso, e as materias troncais de opción para subir nota.

Documentos relacionados
Ver Real Decreto (BOE, 10-12-2016) 

 

 

Temos 288 anónimos e ningún membro en liña