mini BOE paginaWReal Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención dos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharel, de acordo co disposto no Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece as condicións para a obtención dos títulos mencionados ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación.


Do contido recollido pódese apuntar o seguinte:

1. Sobre o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria:

Establécese que os alumnos que obtivesen unha avaliación, ben positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dous, sempre que estas non sexan de forma simultánea Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas, obterán o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Será o equipo docente o que considere que o alumno alcanzou os obxectivos da etapa e adquiriu as competencias correspondentes.

No título deberá constar a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria, que será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas, expresada nunha escala de 1 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.

Así mesmo, os alumnos que obteñan un título de Formación Profesional Básica poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria e adquirido as competencias correspondentes. A cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns previstos no artigo 42.4 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio.

2. Sobre o título de Bacharel:

Para obter o título de Bacharel será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato. A cualificación final da etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas no Bacharelato, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima. No título deberá constar a modalidade pola que o alumno ou alumna cursase o Bacharelato, así como a cualificación final da etapa.

Ademais, os títulos de Bacharel expedidos conforme ao disposto neste artigo permitirán acceder aos distintos ensinos que constitúen a educación superior establecidas no artigo 3.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio.

Documentos relacionados
BOE (3-6-2017)

 

 

Temos 59 anónimos e ningún membro en liña