FSIE 40 años

Legalidad bajaO Sindicato defende que ante a situación excepcional que vivimos hai que adaptar o sistema educativo e para iso hai que modificar a lei.

O Ministerio de Educación y Formación Profesional mediante unha simple Orde aproba unha serie de directrices sobre a promoción de cursos e titulación de etapas que contradin o establecido na vixente Ley Orgánica de Educación.

FSIE comparte que sexa o profesorado en función da súa autonomía e profesionalidade o que poida adaptar a avaliación e decisión sobre o alumnado ás circunstancias actuais, pero debe poder facelo cumprindo a legalidade vixente e esta non se modificou.

FSIE comparte que ante unha situación tan extraordinaria como a que estamos a afrontar, hai que adaptar o sistema educativo, pero con todas as garantías legais que isto esixe.

O Ministerio e tamén as Comunidades Autónomas que subscribiron os Acordos adoptados pola Conferencia Sectorial de Educación o pasado día 15 de abril, colocan ao profesorado nunha situación de absoluta inseguridade xurídica ao emitir agora unha Orde que permite a promoción e titulación sen ter en conta o número de suspensos que se teñan. A Lei Orgánica é taxativa neste asunto, baste como exemplo que para titular Bacharelato débense ter aprobadas todas as materias ou que para titular na ESO só se pode facer excepcionalmente e con determinadas condicións cun máximo de tres suspensos.

Esta nova disposición do Ministerio incrementará as diferenzas xa non só territoriais senón entre centros da mesma Comunidade Autónoma ao aplicarse criterios e decisións moi diferentes na avaliación do alumnado.

FSIE segue esixindo a todas as administracións educativas que ante esta situación tan excepcional se establezan criterios homoxéneos, claros, concretos e sobe todo que cumpran coa legalidade para que o profesorado poida actuar e tomar as decisións que correspondan de forma correcta e cumprindo coas obrigacións que a Lei lles esixe. Se as condicións han ser outras se débese modificar a Lei Orgánica en vigor, co respaldo do Congreso que iso require, para que se poidan aplicar sen problema e con seguridade tanto para os docentes como para os alumnos e familias.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 144 anónimos e ningún membro en liña