FSIE 40 años

StopLeyCelaa

O mércores 30 de decembro de 2020 foi publicada no Boletín Oficial do Estado a Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE). Tras meses de polémica e a pesar da mobilización cidadá na súa contra, o proceso exprés de tramitación da lei culminou ás portas do novo ano coa súa entrada en vigor definitiva.

Como viñemos denunciando, a denominada Ley Celaá non tivo en ningún momento a intención de abordar os problemas reais da educación española sendo os seus únicos obxectivos principalmente partidistas e ideolóxicos. Unha lei nada sen consenso nin diálogo, en cuxa elaboración se vetou a participación da comunidade educativa e a sociedade civil e tramitada no medio dunha pandemia mundial sen precedentes.

FSIE, como sindicato maioritario da educación concertada, continuará agora a súa loita contra esta lei nos diferentes territorios a fin de minimizar todo o posible o impacto desta nova normativa no sistema educativo. Ademais, como membro da plataforma Más Plurales, instamos os grupos políticos contrarios a esta Ley Celaá a que interpoñan recursos de inconstitucionalidade e exerzan presión nas Comunidades Autónomas para tentar garantir a liberdade de elección e a continuidade dos proxectos educativos dos centros concertados e de educación especial.

Pola súa banda, FSIE continuará traballando para defender a liberdade e a pluralidade do noso sistema educativo e para garantir os dereitos dos traballadores do sector da Ensinanza Concertad, Privada e de Atención a Persoas con discapacidade en todos os ámbitos necesarios e empregando todas as ferramentas xurídicas e legais ao noso alcance.

Documentos relacionados

Ley Orgánica 3/2020 (BOE, 30-12-2020)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 30 anónimos e ningún membro en liña