FSIE 40 años

Boletin Codigo etico ANECA
O consello Reitor de ANECA, Agencia Nacional de Evaluación da Calidad y Acreditación, aprobou o seu Código Ético o pasado 27 de maio. Este organismo autónomo é o encargado de avaliar, certificar e acreditar o sistema universitario co fin da súa mellora continua e adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.

O seu novo código ético recolle, ademais dos seus valores e normas de conduta a seguir polo seu persoal, os compromisos respecto de grupos de interese, entendéndose por tales as persoas, colectivos e institucións que se relacionan con ANECA, en particular: universidades, persoal docente, persoal investigador, persoal de administración e servizos, alumnado e sociedade en xeral.
FSIE elaborou un resumo no que destacamos o dereito das persoas solicitantes a ser avaliadas con obxectividade, imparcialidade e rigor técnico, a expor reclamacións sobre aquelas actuacións ou prácticas, e a presentar as alegacións oportunas, entre outros.

Xa podes descargar esta información no noso último boletín.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 110 anónimos e ningún membro en liña