A ENTRADA EN VIGOR DA LOMLOE SERÁ EN VARIAS FASES
- Detalles
- Published: Martes, 05 Xaneiro 2021 09:38

Tras a súa aprobación na Cámara Alta o pasado 23 de decembro a Ley Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, por lla que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE) culminaba a súa tramitación coa publicación no BOE o 30 de decembro. O novo texto entrará en vigor o próximo día 19 de xaneiro de 2021 en varias fases, segundo o calendario de implantación que detallamos a continuación.
Nesta primeira fase aplicaranse as modificacións relativas á participación e competencias do consello escolar, claustro e directores, á autonomía dos centros docentes, ao proceso de selección de directores nos centros públicos e á admisión de alumnos (salvo que o proceso ise niciara antes da entrada en vigor do texto).
A EQUIPARACIÓN TOTAL NO PERMISO DE NACEMENTO, GARDA OU ADOPCIÓN EFECTIVA DESDE O 1 DE XANEIRO
- Detalles
- Published: Luns, 04 Xaneiro 2021 17:21

Desde o pasado día 1 de xaneiro de 2021 os proxenitores gozarán das mesmas condicións no permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento. Termina así a transitoriedade establecida polo Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urgentes para garantía de la igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en el empleo y la ocupación (BOE de 7 de marzo de 2019) fixándose 16 semanas de suspensión do contrato de traballo para o coidado dun menor para toda nai ou pai que así o desexe.
Ademais o permiso poderá incrementarse en dúas semanas, unha para cada proxenitor, en caso de discapacidade do fillo ou, no suposto de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiple, por cada fillo ou filla distinta do primeiro. En caso de parto prematuro ou situación que requira hospitalización de máis de 7 días a continuación do parto poderase chegar a ampliar este período ata un máximo de 13 semanas.
PUBLICADA NO BOE A LEI QUE DERROGA O DESPEDIMENTO OBXECTIVO POR FALTAS DE ASISTENCIA AO TRABALLO
- Detalles
- Published: Xoves, 16 Xullo 2020 18:22
A Ley 1/2020, de 15 de xullo, por la que se deroga el despido objetivo por faltas de asistencia al trabajo establecido en el artículo 52.d) del texto refundido de la Ley del Estatuto de los Traballadores, aprobado poe ell Real Decreto Legislativo 2/2015 de 23 de octubre, foi publicada no Boletín Oficial do Estado de hoxe.
Dita Lei dítase de acordo co establecido no artigo 149.1.7.ª da Constitución, que atribúe ao Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación laboral sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.
PUBLICADO NO BOE O REAL DECRETO-LEY 8/2019 DE MEDIDAS URGENTES DE PROTECCIÓN SOCIAL Y DE LUCHA CONTRA LA PRECARIEDAD LABORAL EN LA JORNADA DE TRABAJO
- Detalles
- Published: Martes, 12 Marzo 2019 21:14
O pasado venres o Consello de Ministros aprobaba o Real Decreto-ley 8/2019, de 8 de marzo, orientado a potenciar políticas sociais contra a precariedade laboral e que incorpora medidas de protección social, de fomento do emprego e disposicións dirixidas ao rexistro da xornada de traballo para crear un marco de seguridade xurídica tanto para traballadores como para empresas.
PUBLICADO NO BOE O REAL DECRETO DE MEDIDAS URGENTES PARA LA IGUALDAD DE MUJERES Y HOMBRES CON IMPORTANTES NOVIDADES NAS CONDICIÓNS LABORAIS
- Detalles
- Published: Xoves, 07 Marzo 2019 17:09
Publicouse no BOE con data de hoxe o "Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urgentes para garantía de la igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en el empleo y a ocupación" que vén ampliar as disposicións recollidas na existente Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.
LEY DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES
- Detalles
- Published: Xoves, 14 Decembro 2017 10:29

Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales
Máis artigos
- ESTATUTO DOS TRABALLADORES
- O B.O.E. PUBLICA O REGULAMENTO DE COTIZACIÓNS NO QUE SE ESTABLECE QUE OS MESTRES NON COTICEN POLA EDUCACIÓN DOS SEUS FILLOS
- REFORMA DA XESTIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL TRAS A APROBACIÓN DO REAL DECRETO
- RELACIÓN DE EMPRESAS CON ACUERDOS DE JUBILACIÓN PARCIAL
- REAL DECRETO-LEY DE MEDIDAS URGENTES PARA EL FOMENTO DEL EMPLEO Y LA CONTRATACIÓN INDEFINIDA