FSIE 40 años

RD82019O pasado venres o Consello de Ministros aprobaba o Real Decreto-ley 8/2019, de 8 de marzo, orientado a potenciar políticas sociais contra a precariedade laboral e que incorpora medidas de protección social, de fomento do emprego e disposicións dirixidas ao rexistro da xornada de traballo para crear un marco de seguridade xurídica tanto para traballadores como para empresas.

Entre as medidas establecidas no devandito decreto destacan a recuperación do subsidio por desemprego para maiores de 52 anos, o incremento das prestacións familiares e da pensión mínima de Incapacidade Permanente Total para menores de 60 anos, as bonificacións por contratación de desempregados de longa duración ou a recuperación do Fondo de Apoio á acollida e integración de inmigrantes.

Documentos relacionados

Real Decreto-ley 8/2019 (BOE, 8-3-2019)

 Banner Decalogo2

Temos 210 anónimos e ningún membro en liña