Calendario implantacion LOMLOE

Tras a súa aprobación na Cámara Alta o pasado 23 de decembro a Ley Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, por lla que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE) culminaba a súa tramitación coa publicación no BOE o 30 de decembro. O novo texto entrará en vigor o próximo día 19 de xaneiro de 2021 en varias fases, segundo o calendario de implantación que detallamos a continuación.

Nesta primeira fase aplicaranse as modificacións relativas á participación e competencias do consello escolar, claustro e directores, á autonomía dos centros docentes, ao proceso de selección de directores nos centros públicos e á admisión de alumnos (salvo que o proceso ise niciara antes da entrada en vigor do texto).

Será ao comezo do próximo curso 2021/2022 cando se aplicará a nova regulación de avaliación e promoción de todas as etapas educativas, as novas condicións de titulación en ESO, FP básica e Bacharelato, a titulación de ensinanzas profesionais de Música e Danza e as novas condicións de acceso ás ensinnanzas.

Podes consultar as fases, detalladas, no Calendario de Implantación da LOMLOE que elaboramos.