FSIE 40 años

Examen

Este mércores 13 de xaneiro publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden PCM/2/2021, de 11 de enero, por la que se determinan las características, el diseño y el contido de la evaluación de Bachillerato para e acceso a la Universidad, y las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las cualificaciones obtenidas, en el curso 2020-2021.

Mediante a dita Orde o Ministerio de Educación y Formación Profesional exerce a súa competencia de determinar anualmente as pautas para a celebración da ABAU.

Concretamente determina:

As características, o deseño e o contido da proba da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.

As datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificacións obtidas.

Os cuestionarios de contexto, aplicables no ámbito competencial dos Ministerios de Educación y Formación Profesional e de Universidades, e indicadores comúns do centro.

Ademais, nun curso escolar marcado polo contexto da pandemia, fíxanse tamén as datas límite para a realización das probas, punto moi problemático o pasado ano:

As probas deberán finalizar antes do 18 de xuño de 2021. Os resultados provisionais das probas serán publicados antes do 25 de xuño de 2021.

As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria deberán finalizar antes do día 16 de xullo de 2021, no caso de que a Administración educativa competente determine celebrar a convocatoria extraordinaria no mes de xullo. Neste caso, os resultados provisionais das probas deberán ser publicados antes do 23 de xullo de 2021. No caso de que a Administración decida celebrala en setembro terminarán antes do día 16 de setembro de 2021. Neste caso, os resultados provisionais deberán ser publicados antes do 22 de setembro de 2021.

Serán as Administracións educativas, en colaboración coas universidades, as que organizarán a realización das probas tendo en conta a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola COVID-19 e velando por que se arbitren os procedementos necesarios para garantir a súa normal celebración nas datas previstas, con independencia das medidas excepcionais que puidesen estar implantadas nese momento nos seus respectivos territorios.

Documentos relacionados

Orden PCM/2/2021 (BOE, 13-01-2021)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 131 anónimos e ningún membro en liña