FSIE 40 años

proy rd eso btoAnte o período de información pública aberto polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en relación ó "Proyecto de Real Decreto por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y el Bachillerato", a FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDIENTES DE ENSEÑANZA (FSIE) remitiu ó Ministro unha serie de observacións ó documento.

 

Así mesmo, FSIE lamenta o escaso tempo que se deu por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a análise do Proxecto, xa que é imposible estudar e comparar os currículos de todas as materias de ESO e Bacharelato no espazo temporal que se deu.
 
No entanto, antes da súa publicación definitiva no Boletín Oficial do Estado, FSIE confía en que se teñan en conta as observacións que se fan no escrito presentado así como as realizadas polo Consello Escolar do Estado no seu Ditame 1/2014 emitido o 30 de xaneiro de 2014 xa que, mellorando substancialmente o texto proposto, unha boa parte das mesmas non foron tidas en conta polo MECD no novo Proxecto.
 
En concreto, FSIE propón a revisión dos artigos 8, 17, 21.5, 23.1.b, 32.1 e 34.1; así como unha nova Disposición Final sobre condicións laborais dos profesionais que exercen nos centros educativos.

 

Ver Observacións de FSIE ó Proxecto de Decreto

Temos 60 anónimos e ningún membro en liña