FSIE 40 años

DOG perspectORDE do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (Igualdade de xénero e Obradoiro de música, na ESO, e Electrotecnia no BTO).

2. A materia de igualdade de xénero poderá ofrecerse en primeiro e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria. O alumnado poderá cursala nun dos cursos segundo a oferta establecida polo centro docente. De acordo co establecido no artigo 3.2 da Orde do 15 de xullo de 2015 esta materia terá unha carga horaria dun período lectivo semanal.

3. A materia de obradoiro de música poderá ofrecerse no primeiro curso de educación secundaria obrigatoria. De acordo co establecido no artigo 3.2 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria dun período lectivo semanal.


4. A materia de electrotecnia poderá ofrecerse en segundo curso de bacharelato. De acordo co establecido no artigo 3.4 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria de dous períodos lectivos semanais.


Documentos relacionados

Accede á ORDE (DOG, 5-8-2016)

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 147 anónimos e ningún membro en liña