FSIE 40 años

DOG perspectRESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Estas instrucións teñen por obxecto determinar nos centros docentes, para o curso académico 2017/18, aqueles aspectos organizativos necesarios para o adecuado desenvolvemento das ensinanzas da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
2. O alcance destas instrucións refírese ao primeiro ciclo, cursos primeiro, segundo e terceiro, e ao cuarto curso da educación secundaria obrigatoria e aos cursos primeiro e segundo de bacharelato.
3. Esta resolución será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, nos cales se impartan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Documentos relacionados
Acceder á RESOLUCIÓN (DOG, 8-8-2017)

 

 

Temos 25 anónimos e ningún membro en liña