FSIE 40 años

prueba 6 primariaO Ministerio de Educación presentou a nova web de apoio e referencia para a primeira avaliación nacional dos nenos de 6º de Primaria, que establece a LOMCE e que se implantará a partir de maio do próximo curso 2015-16.
 
Nesta avaliación haberá probas das competencias de comunicación lingüística (castelán, lingua cooficial no seu caso, e inglés), matemáticas e ciencia e tecnoloxía.
 
Cada Comunidade Autónoma desenvolverá a súa propia proba. Moitas comunidades colaboraron co Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE) na elaboración de modelos de probas completas, con guía de codificación para os docentes, de modo que poidan servir de referencia para o tipo de avaliación que realizarán os alumnos de 6º de Primaria a partir do próximo curso.
 
Na devandita páxina web do MECD están accesibles os modelos das probas, ademais do marco teórico que as soporta. Tamén se pode atopar unha presentación power point resumida, unha entrada no blog do INEE e ligazóns a máis exemplos de preguntas empregadas nas avaliacións internacionais de Primaria.
 
Esta nova páxina web únese á que xa está dispoñible desde hai varios meses sobre a avaliación de 3º de Primaria, competencia exclusiva de cada Comunidade Autónoma.
 
Accede:

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 135 anónimos e ningún membro en liña