FSIE 40 años

CARTEL-TABLAS-14-15-INFANTILwO pasado mércores 13 de maio, FSIE xunto co resto de organizacións do convenio, agás CCOO, acordáronse e asináronse as Táboas Salariais 2014 e 2015 para todos os traballadores do sector a excepción dos traballadores dos Centros Concertados, xa que a súa negociación se realizará con posterioridade.
Para os dous anos, 2014 e 2015, acordouse a conxelación salarial. Para os traballadores dos centros de Obras Sociais e Caixas de Aforros, tamén, se acordou un incremento salarial do 0,6% no ano 2014.
Así mesmo se acordou a modificación do artigo 26 do XI Convenio Colectivo de ámbito estatal de Centros de Asistencia e Educación Infantil, co fin de garantir a subrogación nos centros de Xestión Indirecta. Desta forma garántese que nos cambios de empresas, nos centros de Xestión Indirecta, os traballadores non poderán ser despedidos e,a sí, manterán nas mesmas condicións os seus postos de traballo.

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 118 anónimos e ningún membro en liña