FSIE 40 años

PORTADA CONVENIO INFANTIL

O pasado 30 de novembro tivo lugar a última reunión da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de Ámbito Estatal de Centros de Asistencia y Educación Infantil co obxectivo de seguir negociando a aplicación da Disposición Final cuarta e Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

A patronal rexeitou todas as diferentes propostas presentadas polos sindicatos para actualizar as táboas negándose a adaptar as táboas ao SMI e mantendo a diferenza salarial das Educadoras. Como solución insisten na súa proposta de asinar un acordo que sinale que o salario anual non poderá ser inferior a 13.300€ para todas as categorías.

FSIE defendeu sempre que as táboas salariais deben reflectir para as educadoras un salario superior ao das auxiliares por formación, traballo e responsabilidade e por tanto deben modificarse as táboas salariais do 2020 desde o 1 de xaneiro. Por tanto, reiteramos a nosa negativa á proposta da patronal.

Ante o bloqueo da negociación, FSIE, en aras de alcanzar un principio de acordo, expomos que as patronais presentasen unha proposta de subida a medio prazo para os centros con problemas económicos, pero estas non o consideraron.

A negativa a negociar por parte das patronais levaranos a tomar as medidas que consideremos máis acordes á situación límite na que nos puxo.

Desde FSIE dirixímonos aos sindicatos maioritarios para emprazarnos a unha reunión na que acordar as accións conxuntas que sexan necesarias.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 39 anónimos e ningún membro en liña