FSIE 40 años

PARA WEB BANNER HORIZONTAL 795X300 px CON GAL

mini 595588 96501723Hoxe celebrouse unha reunión da Comisión Negociadora do Convenio de Infantil na que se abordaron as táboas salariais que quedaron pendentes: Mestres en pago delegado das unidades de segundo ciclo e traballadores de centros dependentes de Obras Sociais. FSIE valora positivamente a próxima firma dos acordos alcanzados na Comisión Negociadora e coa participación de todas as organizacións, patronais e sindicais, excepto CIG.

A Comisión Negociadora acordou o seguinte:

1.- Mestres en pago delegado das unidades de 2º Ciclo de Educación Infantil: establecer un período transitorio durante os anos 2011, 2012 e 2013 (similar ao regulado no Convenio de Concertada), co obxecto de garantir a sustentabilidade das empresas do sector así como axudar ao mantemento do emprego, no que as organizacións patronais e sindicais negociadoras deste convenio no ámbito autonómico certificarán as retribucións abonadas a estes mestres durante os devanditos anos e enviarán estes certificados á Comisión Paritaria.

2.- Traballadores de centros de Educación Infantil dependentes de Obras Sociais: subida salarial dun 0,6% nos anos 2012 e 2013.

O próximo día 19 de decembro procederase á firma destas táboas salariais e remitiranse ao BOE.

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 40 anónimos e ningún membro en liña