FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 07 06 a las 11.10.47FSIE, que o pasado 28 de marzo non puido sentar na constitución da mesa negociadora do XV Convenio de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, decidiu impugnar ante os tribunais a decisión de CCOO e UGT de deixala fóra das negociacións e pide á xustiza que se recoñeza o seu dereito a dar voz aos seus delegados e afiliados.

Tal e como xa demostrou FSIE no momento da constitución da mesa, e atendendo aos datos recollidos no certificado de delegados expedido polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social a 21 de marzo de 2017, con cifras a 31 de decembro de 2016, a organización conta con máis dun 11% de representatividade, por encima do 10% necesario esixido polo Estatuto dos Traballadores para poder ser parte das negociacións.



Tras tentar de forma dialogada que o resto de organizacións sindicais e patronais aceptasen a petición de FSIE de formar parte da mesa, e despois de ter coñecemento de que o pasado 21 de xuño de 2017 se produciu unha reunión da mesma sen que FSIE fose convocada, a organización tomou a decisión de exercer o seu dereito de acudir aos tribunais co obxectivo de impugnar a decisión de CCOO e UGT de deixala fóra.



Documentos relacionados

Boletín digital

 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 90 anónimos e ningún membro en liña