FSIE 40 años

fsima logoNo día de hoxe FSIE acudiu ao Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe para tentar chegar a un acordo coas organizacións asinantes do XIV Convenio en relación á retroactividad do artigo 35 do XIV Convenio Colectivo.FSIE lamenta que no acto de mediación celebrado hoxe NON HOUBERA ACORDO debido a que as organizacións asinantes do XIV convenio (AEDIS, FEACEM, FE-CC. OO. e FETE-UGT) consideran que o asinado e publicado no convenio axústase á legalidade e, por tanto, non cabe mediación nin ningunha solución que non pase pola vía xudicial. Ademáis de FSIE e as organizacións asinantes do XIV Convenio tamén participaron na Mediación as patronais CONACEE e ANCEE xunto ao sindicato CIG.

 FSIE, mantendo a súa actitude de diálogo e negociación, propuxo no acto de mediación de hoxe a posibilidade de desistir desta demanda se as partes achegaban algunha sentenza da "abundante lexislación do Tribunal Supremo e mais do Tribunal Constitucional" que argumentase a súa postura tal e como responderon na consulta que á Comisión Paritaria realizou FSIE.
 
Desde FSIE entendemos que a aplicación do artigo 35 do XIV Convenio, é dicir, a supresión dos complementos salariais de antigüidade e de mellora da calidadeFSIE SIMA-discapacidadW non debe facerse na data que figura no convenio (1 de xullo de 2012) senón a partir da data de publicación no BOE que é cando o convenio cobra vixencia.
 
A aplicación desta "retroactividae" suporá que os profesionais deste convenio que xerasen un trienio máis durante o período de firma do convenio ata a súa publicación no BOE non poidan cobralo, xerándolles unha perda salarial para o resto da súa vida profesional.
 
O artigo 35 en relación aos complementos de antigüidade e de mellorar da calidade, afirma que:
"1. Quedan suprimidos os complementos salariais de antigüidade e de mellora da calidade que viñan regulados no XIII Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, de modo que a partir do 1 de xullo de 2012 xa non se devengarán os devanditos complementos.
2. Non obstante o anterior, con carácter transitorio, ata o 30 de xuño de 2012, todo o persoal terá dereito a percibir o citado complemento de antigüidade por cada período de tres anos de servizos efectivos prestados á empresa. O importe de cada trienio farase efectivo na nómina do mes do seu vencemento."
 
Este convenio foi asinado polas organizacións patronais AEDIS e FEACEM e as organizacións sindicais FE-CC. OO. e FETE-UGT o pasado 12 de xullo de 2012, publicándose no BOE o 9 de outubro de 2012, data na que tén plena vixencia.

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 74 anónimos e ningún membro en liña