FSIE 40 años

O pasado xoves 24 de febreiro de 2011 as organizacións patronais CECAP, CECE, ACADE-FECEI e ANCED e as organizacións sindicais FETE-UXT e CCOO procederon á firma do VII Convenio Colectivo de Ensino e Formación non Regrada.

Segundo os asinantes, este novo texto do convenio supón unha estabilización do sector en tempos de crise, garantindo a súa viabilidade para os próximos anos.

O texto do convenio terá unha vixencia de 4 anos (desde 2010 a 2013), inclúe melloras e os seguintes incrementos salariais para os próximos anos:

  • 2010: 0,8 %
  • 2011:  1 %
  • 2012: 1,5 %
  • 2013:  Negociaranse, tendo en conta unha porcentaxe que contemple a desviación dos salarios respecto ao IPC.

 
Resumo das principais novidades
do texto do VII Convenio
 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 65 anónimos e ningún membro en liña