FSIE 40 años

Captura de pantalla 2016 04 15 a las 14.01.27Con data 8 de maio reuniuse a mesa negociadora del VI Convenio de Enseñanza Concertada e tratáronse dous temas:

1.- TÁBOAS SALARIAIS 2019
As patronais propuxeron a seguinte subida salarial:
   - Docentes en pago delegado: 2,375%
   - Docentes en niveis non concertados e PAS: 0,7%
O 0,7% que propoñen sae do IPC do 2018 (1,2%) menos a subida do 0,5% na cotización dos traballadores que foi aprobada para 2019 e que deben abonar as empresas.
FSIE propuxo unha subida do 2,375% (incremento do módulo) para todo o persoal e todas as categorías profesionais (docentes e non docentes) dos centros, seguindo o mesmo criterio que se utilizou historicamente de aplicar a subida do módulo de concerto a todos os traballadores.

As patronais contestaron que a subida para o pago non delegado non pode ser maior do 1,2% debido á incerteza política, unha posible nova lei de educación e a perda de alumnos nos centros.

FSIE ratificouse na súa proposta e convocouse unha nova reunión para o día 29 de maio.

2.- CONTROL DA XORNADA LABORAL

O RDL 8/2019 esixe que, a partir do día 12 de maio, todas as empresas leven un control da xornada de cada traballador coas súas entradas e saídas e a forma de facelo debe establecerse por medio de negociación Colectiva. A patronal propuxo tratar este tema para atopar uns parámetros que sirvan a todos os centros.

Todos os sindicatos estamos de acordo en traballar para alcanzar un acordo que aclare a situación ás empresas e os traballadores.

Acordouse que cada organización achegue os puntos a tratar sobre este asunto e comezar a traballar sobre eles o próximo 23 de maio.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 61 anónimos e ningún membro en liña