FSIE 40 años

Cartel Control de JornadaComo informabamos a semana pasada, FSIE mantivo a súa negativa a asinar o Acordo sobre o Control e Rexistro Horario subscrito polo resto de organizacións sindicais e as patronais na Mesa Sectorial da Concertada celebrada o día 6 de xuño. Nos últimos días algunhas desas organizacións criticaron duramente a lexítima decisión adoptada, desde a súa total independencia, por FSIE.

Desde a organización rexeitamos as devanditas críticas e seguimos defendendo que a firma foi completamente precipitada, sen traballarse coa debida profundidade os aspectos que recolle, e que varios dos seus puntos modifican, sen melloralo, o establecido no Convenio relativo aos tempos libres entre clases, o tempo de recreo e as horas extraordinarias.
FSIE reafírmase en que o texto nin aborda nin achega solucións á maioría de problemas existentes nos centros como é o caso do cómputo e forma de rexistro das horas non lectivas desempeñadas fóra do centro. Ademais, déixanse sen fixar criterios tan importantes como a forma e tempo en que traballadores, delegados de persoal e comité de empresa poderán ter acceso ao rexistro de horas traballadas.

Fiel ao seu compromiso de defender as condicións laborais do persoal docente e de administración e servizos, FSIE continuará traballando, desde o diálogo e a negociación en cada centro, para que se alcancen acordos satisfactorios respecto ao control e rexistro da xornada laboral evitando calquera tipo de medida que afecte negativamente ás traballadoras e traballadores dos centros concertados.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 140 anónimos e ningún membro en liña