FSIE 40 años

convenio concertados

FSIE, en nome das organizacións sindicais, espuxemos que o desenvolvemento da negociación se realice en función dunha serie de bloques que enumeramos: táboas salariais 2020, actualización normativa, xornada, permisos e dereitos sociais e o resto.

As organizacións patronais aceptaron esta formulación xeral.

As organizacións patronais remitiron o venres a todos os sindicatos unha proposta que baixo o título "Actualización normativa do VII Convenio" só facía referencia aos artigos referidos ao ámbito temporal e vixencia, algún aspecto concreto de contratación, permisos e xubilación forzosa.

Desde FSIE desbotamos o documento da patronal no seu conxunto sen entrar ao detalle por ser incompleto, e incluír no mesmo propostas de modificación do convenio propias da negociación, e non dunha actualización normativa e xurídica.

As patronais retiraron o seu documento e pediron aos sindicatos que lles mandemos os nosos.

FSIE rexeitou tamén as propostas que as patronais realizaron na primeira reunión por chocar directamente coas propostas de mellora que espuxemos, e insistimos na necesidade de pechar, de forma prioritaria, as táboas salariais do 2020 como xa pedimos.

Finalmente, a sesión concluíu co acordo de reunirnos o próximo 26 de novembro para abordar a negociación das táboas do 2020 e a actualización normativa dos permisos e a contratación.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 69 anónimos e ningún membro en liña