FSIE 40 años

A TODOS OS TRABALLADORES DO SECTOR
DA ENSINANZA CONCERTADA

Reunidos en Madrid as organizacións sindicais FSIE, USO, UGT e CCOO, en relación á situación creada a partir da última reunión da comisión negociadora do Convenio Colectivo celebrada en Madrid o pasado 23 de xaneiro manifestamos:

 1. Os sindicatos presentamos até catro propostas diferentes en relación á posible solución ás cuestións salariais expostas no convenio: retribucións, paga extraordinaria por antigüidade e complemento por incapacidade temporal.

2. A vontade das organizacións sindicais é chegar a unha solución que non prexudique nin aos traballadores, con recortes adicionais aos xa practicados polas Administracións ou perda de dereitos, nin ás empresas, evitando que teñan que abonar cantidades en pago delegado por encima do orzado polas Administracións.

3. Ningunha destas propostas foi considerada ou analizada seriamente polo banco patronal, que as desestimou acolléndose a unha interpretación interesada da recente xurisprudencia cunha actitude intransixente.

4. En toda a negociación do convenio que se alarga desde o ano 2009, os sindicatos flexibilizamos e adaptamos as nosas posturas buscando achegamentos que permitisen a firma do convenio. En sentido contrario, a patronal mantivo e endureceu as súas posicións, declarando explicitamente "tabús" as cuestións máis sensibles da negociación como as referidas á organización da xornada ou os temas salariais.

5. O pasado 23 de xaneiro, ante a nosa disposición a seguir dialogando e traballando, a patronal decidiu abandonar a negociación convocándonos á firma de ?o seu convenio? para o día 2 de abril. Unha proposta que non foi aceptada por ningunha organización sindical.

6. Insistimos na nosa vontade de seguir negociando o convenio e por iso convocamos reunión da mesa negociadora para os días 14 ó 15 de febreiro con obxecto de presentar unha nova proposta sindical conxunta en materia de retribucións, paga extraordinaria por antigüidade e complemento de incapacidade temporal.

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 258 anónimos e ningún membro en liña