FSIE 40 años

 

COMUNICADO CONXUNTO A TODOS OS TRABALLADORES DO SECTOR

 

Ante a convocatoria da mesa negociadora por parte das organizacións patronais para o día 2 de abril, os sindicatos FSIE, USO e UGT conseguimos que a mesa sexa convocada no día de hoxe para continuar negociando.

Tras varias reunións entre os sindicatos, a proposta sindical presentada foi subscrita por FSIE, USO e UGT que sumamos o 87,34% da representación o que posibilitaría a firma do convenio.

 

Pola nosa banda realizouse un grande esforzo de achegamento co obxectivo de garantir a continuidade do convenio colectivo defendendo o principio de que nin os traballadores nin os centros resulten prexudicados polo que finalmente puidese ser pactado. Deste xeito aprazamos reivindicacións na negociación que estivemos expondo nestes anos.

Unha vez explicada a nosa proposta, as organizacións patronais, sen entrar a valorar nin contestar o que hoxe achegamos, ratificáronse na súa decisión de presentar á firma o 2 de abril o texto do seu convenio que non foi aceptado por ningunha organización sindical.

Tras manifestar FSIE, USO e UGT nosa intención de seguir negociando, solicitamos unha nova mesa de negociación para esta mesma semana ou a seguinte como tarde na que se nos dese resposta ao que hoxe espuxemos.

As organizacións patronais manifestaron que lles cómpre tempo para valorar e consultar aos seus órganos o que lles presentamos e propuxeron o día 14 de marzo para a seguinte reunión.

Aínda que nos parece algo tarde, na seguinte sesión negociadora terán que dar resposta á proposta conxunta de FSIE, USO e UGT. 

Comunicado conxunto de FSIE, USO e UGT a todos os traballadores do sector do Ensino Concertado

Proposta de FSIE, USO e UGT ao VI Convenio de Ensino Concertado

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 80 anónimos e ningún membro en liña