FSIE 40 años

 

 A patronal rexeitou a proposta que presentamos os sindicatos FSIE, USO e UGT.

Lamentamos o inmobilismo das patronais que non variaron nin unha coma a súa posición e reiteramos:

· Que todo o exposto na nosa proposta está dentro das cantidades destinadas polas administracións ao sostemento dos centros concertados e, en caso de dificultades orzamentarias, posibilítase a negociación de calendarios de abono con cada administración. As empresas non asumirán ningunha carga salarial que non estea financiada vía pago delegado polas administracións.

· Que no caso de que se nos acredite numericamente por parte da patronal que coa súa proposta non se van a efectuar novos recortes e os traballadores non van perder dereitos, estariamos en disposición de reconsiderar a proposta realizada.

FSIE, USO e UGT realizamos un gran esforzo elaborando unha proposta que sería subscrita polo 87% da representación dos traballadores.

A patronal, sen aceptar ningunha das cuestións que expuxemos, ratificouse na súa proposta insistindo en convocar a mesa o día 2 de abril para a firma do seu texto de convenio. ESTA PROPOSTA NON É ACEPTADA POR NINGÚN SINDICATO e non se asinará o 2 de abril.

FSIE, USO e UGT, ante a imposibilidade de chegar a un acordo antes do 2 de abril e co propósito de salvar o convenio colectivo do ensino concertado, anunciamos que iniciaremos o trámite de MEDIACIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS. A esta iniciativa sumouse CCOO.

Ademais, na reunión de hoxe, asinouse unha carta dirixida ao Ministro solicitando unha reunión ao obxecto de tratar cuestións relacionadas cos concertos educativos e a súa incidencia na negociación.

 

Comunicado conxunto de FSIE, USO e UGT a todos os traballadores do sector do Ensino Concertado

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 142 anónimos e ningún membro en liña