No día de hoxe as organizacións patronais aceptaron as propostas, baseadas nos acordos alcanzados no SIMA, que os sindicatos FSIE, FEUSO e FETE-UGT presentaron na mesa de convenio en relación aos salarios, paga extraordinaria de antigüidade (PEA) e incapacidade temporal (IT).
Isto supón un gran avance e o desbloqueo da negociación do VI Convenio que entra así na súa recta final. Agradecemos o esforzo realizado por todas as partes para chegar a un acordo.
Así mesmo, en relación a outras materias do convenio, chegamos a un consenso básico sobre:
- ULTRACTIVIDADE
- Nova regulación INFANTIL 0-3 ANOS
- CLASIFICACIÓN PROFESIONAL
- ÁMBITO TEMPORAL do convenio
- Ampliación das pólizas de RESPONSABILIDADE CIVIL
- Creación, durante o curso escolar 2013-2014, dunha comisión para o estudo da XORNADA DO PERSOAL DOCENTE
A unidade sindical das tres organizacións FSIE, FEUSO e FETE-UGT demostrou ser efectiva e estamos satisfeitos dos resultados conseguidos, o que vai permitir manter un convenio estatal e contribuír á estabilidade dos traballadores e os centros do sector.
Por todo iso, entendemos, que as nosas organizacións estarían en disposición de proceder á firma, nos próximos días, dun texto de convenio.
NOVENO comunicado de FSIE, FEUSO e FETE-UGT en torno ao VI Convenio de Concertada
PROPOSTAS de FSIE, FEUSO e FETE-UGT na Mesa negociadora do VI Convenio de Concertada