FSIE 40 años

CONTINÚAN AS NEGOCIACIÓNS PARA AVANZAR NO VI CONVENIO DE CONCERTADA

 

Na reunión celebrada hoxe as organizacións patronais, en función do acordado nas mesas dos días 29 e 30 de abril, aportaron, unha proposta sobre o tema dos salarios.

Os Sindicatos FSIE, FEUSO e FETE-UGT manifestamos o seguinte: "Aínda que a proposta recolle os criterios alcanzados nas mesas técnicas os días 29 e 30 de abril, temos discrepancias co proposto no articulado e desenvolvemento concreto do acordado".

FSIE, FEUSO e FETE-UGT estivemos traballando nunha proposta que temos practicamente pechada que respecta os acordos alcanzados no SIMA e que cremos pode dar solución ao problema salarial desde o ano 2009 ata o 2015. comunicamos que a presentaremos na próxima reunión de convenio.

APRÁZANSE AS MOBILIZACIÓNS PREVISTAS PARA NON CONDICIONAR As NEGOCIACIÓNS, TRAS A MEDIACIÓN NO SIMA

 

Onte tivo lugar o acto de mediación solicitado por FSIE, FEUSO e FETE-UGT no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) e no que estiveron representadas as organizacións do Ensino Concertado, tal e como figura na acta de mediación da SIMA:

"El resultado de la mediación fue el APLAZAMIENTO del procedimiento con el motivo de que las partes se reúnan para trabajar, al menor, sobre la redacción del artículo 61 del  convenio (paga por antigüedad) y la consulta consensuada al Ministerio sobre el contenido de dicho convenio.

FSIE, USO E FETE-UGT ACUDIRAN Á MEDIACIÓN PARA DAR SAÍDA AO CONVENIO E ANUNCIAN ACTUACIÓNS

 

 Os sindicatos FSIE, USO e FETE-UGT, ante a negativa patronal a modificar a súa postura e manter a súa decisión de presentar á firma a súa proposta de texto convenio o próximo día 2 de abril, tomamos a iniciativa de presentar ante a Fundación SIMA (solución autónoma de conflitos laborais) a solicitude de procedemento de mediación co obxecto de poder atopar unha saída á situación do Convenio Colectivo de Ensino Concertado. A intención das nosas organizacións é acudir a unha solución extraxudicial que permita manter devandito convenio.

NOVENA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

Na reunión de onte (5-11-2012) o resto de organizacións sindicais presentou as súas propostas para a negociación.

FSIE volveu a insistir en solucionar o tema das táboas salariais, como fixo na reunión anterior, xa que foi o que bloqueou a negociación do convenio durante tres anos (todas as organizacións coinciden en que así foi).

Resolver este asunto tecnicamente: como e que táboas salariais pór, é a clave para poder desbloquear e manter o convenio estatal polo que aposta FSIE.

Resumo 9ª reunión mesa negociadora VI Convenio Concertada

 

OITAVA REUNIÓN - NEGOCIACIÓN VI CONVENIO

O día 23 de outubro de 2012 foron retomadas as negociacións volvendo a reunirse oficialmente a mesa de negociación do VI Convenio Colectivo de Ensino Concertado.

PROPOSTA DE FSIE

FSIE espuxo a proposta xa presentada hai meses ás organizacións patronais e sindicais.

FSIE, USO E UGT PRESENTAN UNHA PROPOSTA CONXUNTA PARA O VI CONVENIO DE CONCERTADA NA MESA NEGOCIADORA

 

COMUNICADO CONXUNTO A TODOS OS TRABALLADORES DO SECTOR

 

Ante a convocatoria da mesa negociadora por parte das organizacións patronais para o día 2 de abril, os sindicatos FSIE, USO e UGT conseguimos que a mesa sexa convocada no día de hoxe para continuar negociando.

Tras varias reunións entre os sindicatos, a proposta sindical presentada foi subscrita por FSIE, USO e UGT que sumamos o 87,34% da representación o que posibilitaría a firma do convenio.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 248 anónimos e ningún membro en liña