FSIE 40 años

PARA WEB CARTEL DIA DISCAPACIDADFSIE celebra este ano o Día Internacional das Persoas con Discapacidade baixo a lema ?Feixe que sexa 1+. Suma talentos, suma capacidades?, lembrando á sociedade no seu conxunto e aos axentes políticos a importancia de traballar pola completa inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos, facendo que realmente formen parte dun todo no que cada un pode achegar. Para FSIE non hai que esperar a datas concretas no calendario para dar visibilidade a un colectivo que representa unha porcentaxe importante do talento dun país, reclamando ás administracións públicas un maior esforzo económico e social para construír un mundo máis tolerante, plural e con igualdade de oportunidades.

FSIE, que cada vez gaña máis apoio como organización sindical representativa no ámbito da atención a persoas con discapacidade, continúa traballando para eliminar barreiras, tanto físicas, como sociais, como económicas, e empéñase na promoción de accións que permitan facer visible a situación que afecta a un colectivo con peso social que sofre discriminación en moitos aspectos.

Aproveitando o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, FSIE quere chamar novamente a atención sobre o necesario desenvolvemento de políticas que garantan os dereitos e o benestar destas persoas, e sensibilizar sobre o positivo da inclusión dun colectivo que ten moito talento. Por iso, FSIE considera esencial fomentar o respecto á dignidade inherente, a autonomía individual, a independencia, a participación e a inclusión plenas e efectivas na sociedade, o recoñecemento da diferenza e a aceptación da mesma, ou a igualdade de oportunidades. Só facendo que cada persoa con discapacidade ?sexa 1+? poderemos encamiñarnos cara á meta: un mundo mellor froito da ?suma? de todos.

Educación, emprego, sanidade ou atención á dependencia son campos nos que segue sendo necesario concentrar esforzos se queremos que ser unha persoa con discapacidade non supoña ser unha persoa diferente, entendido este termo como discriminatorio. Para iso, FSIE insta os poderes públicos a que poñan en marcha medidas reais e efectivas para que, aínda en tempos de dificultades, este colectivo siga sendo unha prioridade.

Documentos relacionados
Nota de prensa

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 304 anónimos e ningún membro en liña