Por que afiliarme a FSIE-GALICIA?
- Porque loitamos polo teus dereitos, como traballador/a do sector, empregando como principais ferramentas o diálogo e mais a negociación.
- Porque defendemos a liberdade de ensinanza.
- Porque somos INDEPENDENTES.
Que che ofrece FSIE-GALICIA como afiliado?
- Unha información constante, coas novas, do sector: negociacóns, acordos, convenios, ...
- Poñer á túa disposición unha asesoría laboral e xurídica, en grande parte, gratuíta.
- Brindarche unha atención personalizada.
- Darche a oportunidade de actualizáreste, por medio de cursos de formación, de balde e/ou mais homologados, con importantes descontos.
- Disfrutar de importantes descontos en empresas varias de distintos sectores, debido ós importantes Acordos de colaboración acadados por FSIE.
- E, todo isto pola cota sindical máis baixa!
E, que has facer para afiliáreste?
Antes de nada, comezaremos por darche a benvida e agradecerche a túa decisión de afiliáreste a FSIE, organización sindical na que esperamos atoparás o que andas a buscar como traballador/a que es do sector da ensinanza privada.
Pois ben, para afiliarte, propoñémosche dous modos de facelo:
a) Imprimir e completar a man o modelo en pdf, SOLICITUDE AFILIACIÓN e logo achegárnolo a calquera das nosas Sedes ben en persoa ben por correo postal.
b) Clicar na provincia correspondente e logo completar o formulario electrónico que se che abrirá. Cando remates de facelo clica en "Mandar" e pronto nos poñeremos en contacto contigo.