FSIE 40 años

FSIE PIDE Ó GOBIERNO QUE O SECTOR DA EDUCACIÓN CONCERTADA, PRIVADA E ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE SE BENEFICIE DA NOVA REGULACIÓN DO CONTRATO DE RELEVO

mecO Goberno anunciou unha nova regulación do contrato de substitución e a determinación dos sectores aos que se lles aplicará dita normativa.

FSIE denunciou que a Ley 27/2011 e o Real Decreto Lei 5/2013 estableceron novas condicións sobre a xubilación parcial e o contrato de substitución, que empeoran substancialmente as condicións de acceso e requisitos que se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2019.

PUBLICADAS NO BOE AS TÁBOAS SALARIAIS PARA 2017 DO VI CONVENIO DE ENSINANZA CONCERTADA

BOE paginaWEste 22 de agosto foron publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) as táboas salariais do VI Convenio Colectivo de Empresas de Enseñanza Privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos para o ano 2017 que FSIE, xunto cos sindicatos USO e FeSP-UGT, asinaron o pasado 19 de xullo.

A mesa reuniuse, unha vez publicados no BOE os Presupuestos Generales del Estado para 2017 acordando, seguindo os mesmos criterios aplicados na firma o pasado mes de marzo das anteriores táboas salariais para 2016, un incremento salarial do 1% para todos os traballadores.

TÁBOAS SALARIAIS 2013

20131216 113927wO día 16 de decembro de 2013 reuniuse a Comisión Negociadora do VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos. Procedeuse á firma das táboas salariais para 2013, por todas as organizacións patronais e sindicais (salvo CIG), correspondentes aos Anexos II, III e VI do devandito Convenio.
Para aqueles traballadores en pago delegado certificaranse os salarios percibidos e para os traballadores sen pago delegado acordouse unha conxelación do salario.

Táboas salariais para o ano 2013

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 200 anónimos e ningún membro en liña