FSIE 40 años

A Comisión Paritaria do XIII Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, celebrada o pasado 8 de marzo de 2011, procedeu a actualizar as táboas salariais para o ano 2010, conforme ao estipulado no artigo 35.5 deste convenio. Esta actualización afectará aos centros asistenciais, aos centros especiais de emprego e aos centros educativos sen concerto.


Procedeuse por parte das organizacións patronais AEDIS, FEACEM, EeX, CECE e CONACEE, e a Federación de Ensino de CCOO, asinantes do XIII Convenio, a actualizar as táboas salariais do ano 2010 con arranxo ao estipulado no artigo 35.5.

A actualización salarial concrétase nun incremento do 3%, e para categorías con salario base igual ou inferior á categoría 7 do grupo IV un 3,3%.

A día de hoxe estábase abonando entre o 1% ou 1,3% de incremento en 2010 en pago a conta polo que, tras a publicación no BOE destas táboas salariais, deberase abonar a diferenza con respecto ao 3% ou 3,3%, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2010.

Tablas salariales 2010 (Acta Comisión paritaria XIII Convenio)

 Banner Decalogo2

Temos 149 anónimos e ningún membro en liña