FSIE 40 años

BOE INFANTILComo informamos hai unhas semanas, na última reunión da Mesa negociadora do XII convenio de Infantil aprobouse por unanimidade a modificación do segundo parágrafo da Disposición transitoria sétima do Convenio. Dita corrección, publicada no BOE o pasado sábado 30 de novembro, viña emendar un erro na transcrición que supuña a eliminación do texto tras a paréntese, quedando o apartado da seguinte maneira:

"Disposición transitoria sétima

A partir do día 1 de xaneiro de 2019 e ata o 31 de agosto de 2021, as táboas salariais para os centros de educación infantil "xestión indirecta" serán as que figuran no anexo II, apartados A e B, do presente Convenio Colectivo.
As recollidas no anexo II apartado A, serán de aplicación aos centros de educación infantil "xestión indirecta" cuxos procedementos de licitación ou contratación comezasen a partir do 1 de xaneiro de 2019, aínda que a súa data de efectos económicos só terá lugar desde a data en que se inicie a execución dos novos contratos ou subvencións (derivados dos indicados procedementos de licitación ou contratación) que expresamente asuman os incrementos retributivos que estas táboas incorporan."

Na mesma reunión do día 19 de novembro FSIE, USO e UGT asinamos o Acordo sobre Control Horario e Rexistro da Xornada dos traballadores afectados polo devandito convenio que, a pesar da oposición de CC.OO. que non o subscribiu finalmente, é de obrigado cumprimento ao ser asinado pola maioría das representacións sindicais e patronais.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 31 anónimos e ningún membro en liña