FSIE 40 años

PORTADA CONVENIO INFANTILNa última reunión da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de Educación Infantil non houbo acordo sobre a aplicación do SMI nas táboas salariais, quedando notificado que resolveriamos o asunto por vía xudicial.

Esta mañá celebrouse unha reunión de mediación no SIMA na que se acordou que as táboas se adecúan ao SMI, actualizándose as cantidades a 950€ na referencia "salario mensual" e 13.300€ en "salario anual" para todos aqueles salarios cuxa contía nas táboas sexa inferior. Mantense o CPP (non é absorbible) nas mesmas contías. Esta actualización ten efecto desde o 1 de xaneiro do 2020 e as contías hanse de abonar no prazo dun mes desde a publicación no BOE.
Tamén se acordou que se o Goberno decretase un novo SMI para o 2021 actualizaríanse as táboas da mesma maneira.

O próximo día 2 de febreiro terá lugar unha nova reunión co SIMA para tratar o diferencial salarial das Educadoras sobre as auxiliares e asinar as táboas.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 62 anónimos e ningún membro en liña