FSIE 40 años

PUBLICADAS NO BOE AS TÁBOAS SALARIAIS DO XIII CONVENIO PARA OS CENTROS DE EDUCACIÓN UNIVERSITARIA E INVESTIGACIÓN

boeReunidas as Asociacións Empresariais EyG e CECE, en representación das empresas do sector, e, doutra, as organizacións sindicais USO, CC.OO, FETE-UGT e FSIE, en representación dos traballadores, publicouse nos organismos estatais pertinentes, o acordo para as táboas salariais de Centros de Educación Universitaria e Investigación.

Como punto máis importante, acórdase mantemento salarial para o exercicio 2013, unha subida do 0,2% para o 2014 e por último, así mesmo pactar unha revisión salarial do 0,6% para o exercicio 2015, que virá a implementarse sobre as táboas salariais do 2014.

FIRMADAS AS TÁBOAS SALARIAIS 2013, 2014 E 2015 DO CONVENIO DE CENTROS UNIVERSITARIOS E INVESTIGACIÓN

FIRMA-TABLAS-131415wNo día de hoxe FSIE asinou, xunto ao resto de organizacións sindicais e patronais do sector, as táboas salariais dos anos 2013, 2014 e 2015 do Convenio de Centros Universitarios e Investigación.
 
A comisión negociadora valora positivamente esta firma, dada a conxuntura actual da negociación colectiva.
 
Para estes anos, as táboas salariais quedaron:
2013.- Mantemento salarial
2014.- Unha subida dun 0,2%
2015.- Unha subida dun 0,6%
 

TÁBOAS SALARIAIS 2008

O pasado 8 de decembro de 2008, apareceu publicado no B.O.E. a "RESOLUCIÓN de 21 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XII Convenio colectivo dos centros de educación universitaria e investigación" no que aparecen publicadas as TÁBOAS SALARIAIS para o ano 2008 para este convenio.

Táboas salariais para o ano 2008  (BOE, 8-12-2008)

TÁBOAS SALARIAIS 2007

O pasado 21 de marzo de 2007 publicouse no BOE a "RESOLUCIÓN de 21 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o XII Convenio colectivo dos centros de educación universitaria e investigación" e no que aparecen publicadas as TÁBOAS SALARIAIS para o ano 2007 para este convenio.

Táboas salariais para o ano 2007 (BOE, 10-4-2007)

 Banner Decalogo2

Temos 124 anónimos e ningún membro en liña