FSIE 40 años

PARA WEB BANNER HORIZONTAL 795X300 px CON GAL

BOE paginaWEste 22 de agosto foron publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) as táboas salariais do VI Convenio Colectivo de Empresas de Enseñanza Privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos para o ano 2017 que FSIE, xunto cos sindicatos USO e FeSP-UGT, asinaron o pasado 19 de xullo.

A mesa reuniuse, unha vez publicados no BOE os Presupuestos Generales del Estado para 2017 acordando, seguindo os mesmos criterios aplicados na firma o pasado mes de marzo das anteriores táboas salariais para 2016, un incremento salarial do 1% para todos os traballadores.

Desta forma, os docentes e non docentes deberán percibir, nun prazo máximo de tres meses dende a publicación destas táboas no BOE, o incremento asinado con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2017, o que se suma ao incremento do 1% do ano 2016 que xa se debeu materializar nas nóminas.

Hai que sinalar que as táboas asinadas para os niveis concertados son de aplicación naquelas Comunidades Autónomas que xa están a aboar os salarios conforme ás táboas asinadas para o ano 2016. O resto de Comunidades aplicará o incremento do 1% e poderá proceder á negociación e firma dun Acordo de regularización salarial durante o período transitorio previsto no convenio ata o 31 de decembro de 2018 sempre que no mesmo non se produza diminución salarial para os traballadores.


Documentos relacionados

Tablas salariales 2017, VI Convenio de Concertada  (BOE, 22-8-2017)

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 61 anónimos e ningún membro en liña