FSIE 40 años

Tabas salariales Concertada 2FSIE xunto ás organizacións sindicais USO, UGT e CCOO asinamos na mañá deste venres 27 de xullo as táboas salariais para o ano 2018.

A subida conseguida para todo o persoal docente, non docente e de administración e servizos é do 1,625% con efecto DESDE O 1 DE XANEIRO DE 2018.

Respecto dos niveis concertados o Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEyFP) recoñeceu, tal e como FSIE denunciara, que de cara á aplicación do incremento salarial en 2019 se estaría a prexudicar aos profesores do ensino concertado en comparación cos funcionarios ao calcularse a subida sobre a nómina de decembro de 2018. Non é o mesmo terminar en decembro de 2018 cun incremento do 1,75%, na pública que facelo co 1,625% no caso da concertada.

En conversacións recentes co Ministerio comunicóusenos que, hai aproximadamente 15 días, desde o MEyFP solicitouse ao Ministerio de Hacienda un incremento para o módulo da concertada dun 0,125% adicional para compensar as diferenzas coa ensinanza pública.

Tamén se asinou un escrito dirixido á Ministra de Educación pondo de manifesto a nosa preocupación polo feito de que os incrementos salariais da concertada non cumpran coa progresiva equiparación salarial establecida no art. 117 de LOE e que por tanto a desigualdade entre esta e a pública sexa cada vez maior.

A nosa insistencia nos últimos meses logrou que o Ministerio recoñeza o problema que vimos denunciando e ademais buscara unha solución ao mesmo.

Así mesmo desde o sindicato valoramos positivamente que se plantexara a necesidade de alcanzar un Acordo para os anos 2019 e 2020, como xa solicitaramos repetidamente, e que finalmente se aplicara a todo o persoal o mesmo incremento salarial.
 

Documentos relacionados
BOLETÍN informativo FSIE (Julio 218)

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 75 anónimos e ningún membro en liña