FSIE 40 años

BOE paginaWO 14 de agosto foron publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) as táboas salariais do VI Convenio Colectivo de Empresas de Enseñanza Privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos para o ano 2018 que FSIE, xunto cos outros sindicatos USO, UGT e CCOO, asinaron o pasado 27 de xullo.

A subida conseguida é do 1,625%, para todo o persoal docente, non docente e de administración e servizos, con efecto DESDE O 1 DE XANEIRO DE 2018.



Respecto dos niveis concertados o Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEyFP) recoñeceu, tal e como FSIE denunciara, que de cara á aplicación do incremento salarial en 2019 se estaría a prexudicar aos profesores do ensino concertado en comparación cos funcionarios ao calcularse a subida sobre a nómina de decembro de 2018. Non é o mesmo terminar en decembro de 2018 cun incremento do 1,75%, na pública que co 1,625% no caso da concertada.

Na firma das táboas salariais do VI Convenio de Ensinanza concertada, FSIE xunto ao resto de organizacións sindicais e as patronais do sector subscribiron ademais un escrito dirixido á Ministra de Educación, pondo de manifesto a nosa preocupación polo feito de que os incrementos salariais da concertada non cumpran coa progresiva equiparación salarial establecida no art. 117 de LOE e que polo tanto a desigualdade entre esta e a pública sexa cada vez maior.

Así mesmo desde o sindicato valoramos positivamente que se espuxo a necesidade de alcanzar un acordo para os anos 2019 e 2020, como xa solicitaramos repetidamente, e que finalmente se aplicara a todo o persoal o mesmo incremento salarial.


Documentos relacionados

Tablas salariales 2018, VI Convenio de Concertada  (BOE, 14-8-2018)

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 139 anónimos e ningún membro en liña