FSIE 40 años

Grupo firma tablas concertadaTras o preacordo anunciado o pasado martes, esta mañá asináronse finalmente as Táboas Salariais para 2019 de Ensinanza Concertada. O Acordo foi subscrito por FSIE, UGT, USO e CC.OO.

Os incrementos salariais terán efecto desde 1 de xaneiro de 2019 e no caso do PAS e niveis non concertados as empresas contarán cun prazo de 3 meses para facelo efectivo desde a súa publicación no Boletín Oficial do Estado. Ademais no caso concreto do PAS, o incremento do 0,25% adicional desde o mes de xullo a decembro abonarase no momento en que a Administración Autonómica correspondente faga efectivo aos centros este incremento previsto nos módulos dos concertos, abono de obrigado cumprimento pola súa banda.


Toda a información sobre as subidas e condicións no noso Boletín sobre Táboas Salariais 2019.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 47 anónimos e ningún membro en liña