FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 05 05 a las 13.43.34A Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza (FSIE), organización sindical maioritaria no ámbito da ensinanza privada concertada e atención ás persoas con discapacidade, elixiu este venres á súa nova Secretaría Xeral para o próximos catro anos, que liderará Francisco Javier Muñoyerro como secretario xeral da organización.A candidatura presentada por Muñoyerro foi apoiada por unha ampla maioría dos compromisarios asistentes ao XII Congreso Federal de FSIE e estará integrada por un total de 15 membros, ampliándose o número dos ata agora membros, tal e como permite o Estatuto da organización.


 

 

 

 

 

A repartición de cargos da que será o máximo órgano xestor de FSIE nos próximos anos é o seguinte:

Presidente - Javier Hernández.
Secretario Xeral - Javier Muñoyerro.
Secretario de Organización - Jesus Pueyo.
Secretario de Acción Sindical - Miguel Malla.
Secretaria de Finanzas - Avelina López.
Secretaria de Formación - Verónica Carmona.Vogais:
Vicente Cabanes.
Rodolfo Castro.
Javier Charro.
Olga Fuentes.
Blas Giner.
Juan Pedro Hurtado.
Pilar López.
Nina Ordoñez.
Mª Dores Villalba.
No discurso de agradecemento tras ser elixido, Francisco Javier Muñoyerro dirixiuse a todos os compromisarios que votaron a súa proposta para dar as grazas pola confianza depositada nel e o seu equipo, e recalcou que a súa folla de ruta estará en consonancia coas liñas xa marcadas por FSIE na defensa dos dereitos de todos os traballadores dos sectores da ensinanza concertada e privada e de atención ás persoas con discapacidade, contando para iso coa experiencia e opinión de todos os que integran a organización.
Muñoyerro declarou que empeza esta nova etapa con ilusión e coa esperanza de non defraudar, consciente de que o momento que estamos a vivir non é fácil e que este compromiso esixe dar o mellor dun mesmo, desde a vocación de servizo que é condición indispensable en todo aquel que quere dedicarse a este labor.

 

 

 

Temos 271 anónimos e ningún membro en liña