FSIE 40 años

Cartel 8M 2019
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza reivindica, un ano máis, a IGUALDADE REAL E EFECTIVA entre mulleres e homes como ferramenta e principio fundamental para alcanzar unha sociedade sustentable, igualitaria e inclusiva na que non exista ningún tipo de discriminación ou inxustiza de xénero.

FSIE, firme defensor do diálogo e o consenso como motores do cambio, apoia todas aquelas iniciativas e propostas orientadas a conseguir a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a eliminación da brecha salarial e os mal definidos, pola súa solidez na realidade, como teitos de cristal.
Obxectivo fundamental para FSIE é a erradicación de todo tipo de discriminación ou violencia de natureza machista, que se agrava, aínda máis se cabe, nos colectivos máis vulnerables como son as mulleres con discapacidade e en risco de exclusión. A educación é o mellor instrumento para eliminar a violencia de xénero e a discriminación e os profesionais debemos contribuír con xenerosidade e compromiso a este necesario obxectivo traballando e educando na igualdade.

Para o próximo día 8 de marzo, FSIE non convoca nin se adhire a ningún dos manifestos que chaman á folga xeral. Como sindicato maioritario na educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade, non podemos compartir espazo nin mensaxes con outras organizacións que defenden nos seus textos de convocatoria unha educación única, pública e laica, excluíndo ás máis de 200.000 mulleres e homes que compoñen o noso sector e cuxos intereses representamos. No entanto, como non pode ser doutra forma, respectamos a liberdade das nosas afiliadas e afiliados para decidir secundar ou non a convocatoria de folga de maneira acorde aos seus principios e ideais democráticos.

Podes ler o manifesto completo aquí

 


Documentos relacionados
Cartel Día Internacional da Muller

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 122 anónimos e ningún membro en liña