FSIE 40 años

FSIE E O RESTO DE ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DENUNCIAN O VI CONVENIO DE ENSINANZA CONCERTADA

Captura de pantalla 2016 04 15 a las 14.01.27As organizacións sindicais FSIE, USO, UGT e CC.OO. denunciamos conxuntamente a vixencia do VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

O ámbito temporal do VI Convenio finaliza o próximo 31 de decembro de 2019 e foi denunciado no prazo de tempo sinalado no propio convenio: dous meses antes da finalización da súa vixencia. Esta denuncia xa comunicada ás organizacións patronais e ao Ministerio de Traballo, é preceptiva para poder comezar no seu momento a negociación dun novo convenio colectivo para o sector.

FSIE REXEITA AS CRÍTICAS DALGUNHAS ORGANIZACIÓNS Á SÚA LEXÍTIMA DECISIÓN DE NON FIRMAR O ACORDO DE CONTROL HORARIO

Cartel Control de JornadaComo informabamos a semana pasada, FSIE mantivo a súa negativa a asinar o Acordo sobre o Control e Rexistro Horario subscrito polo resto de organizacións sindicais e as patronais na Mesa Sectorial da Concertada celebrada o día 6 de xuño. Nos últimos días algunhas desas organizacións criticaron duramente a lexítima decisión adoptada, desde a súa total independencia, por FSIE.

Desde a organización rexeitamos as devanditas críticas e seguimos defendendo que a firma foi completamente precipitada, sen traballarse coa debida profundidade os aspectos que recolle, e que varios dos seus puntos modifican, sen melloralo, o establecido no Convenio relativo aos tempos libres entre clases, o tempo de recreo e as horas extraordinarias.

 Banner Decalogo2

Temos 78 anónimos e ningún membro en liña