A LEY CELAÁ, UNHA LEI SOBRE TODO IDEOLÓXICA, ESTÁ A NEGOCIARSE ÁS COSTAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, SEN DIÁLOGO NIN CONSENSO
- Detalles

A Plataforma Más Plurales reuniu máis dun millón de firmas contra a LOMLOE, e subindo
Respectando as medidas de seguridade e de participación impostas pola COVID-19, representantes da Plataforma Más Plurales, acompañados do máximo de participantes permitidos por Delegación do Goberno debido á crise sanitaria, volveron a concentrarse fronte ao Congreso dos Deputados, esta vez co respaldo dos máis dun millón de firmas xa conseguidas, para volver pedir a retirada da Ley Celaá; unha lei que se está tramitando de maneira exprés no Parlamento ás costas da comunidade educativa e que contén medidas que supoñen unha restrición das liberdades públicas e un control absoluto do Estado sobre a educación e a elección das familias.
MILLEIROS DE CIDADÁNS REXEITARON DE MANEIRA CONTUNDENTE A LEY CELAÁ
- Detalles

Cos hashtags #MasPlurales e #StopLeyCelaá, máis de 150.000 tuits dixeron non á Ley Celaá, unha lei educativa partidista que non pode ser aprobada no medio desta pandemia que estamos a padecer e que contén moitos elementos que provocan o rexeitamento da comunidade educativa. A numerosa participación nesta Quedada Dixital mostra ás claras o rotundo e contundente rexeitamento a unha lei que se esqueceu completamente do demandado Pacto de Estado pola Educación.
A Plataforma Más Plurales, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, agradece a masiva participación de tantas persoas que fixeron posible que estes hashtags fosen Trending Topic no día de hoxe, o que reflicte o rexeitamento que provoca a Ley Celaá e a enorme preocupación social que existe na sociedade ante a maneira en que se está tramitando a lei, a toda velocidade, sen contar coa participación da comunidade educativa e sen buscar en ningún momento o necesario consenso. Ademais, é difícil de entender tantas présas nun contexto como o actual, con todas as familias, os docentes e os colexios traballando para que as clases, nas dramáticas circunstancias actuais, se desenvolvan da mellor maneira posible.
A CONCERTADA EXPRESA ÁS PORTAS DO CONGRESO O SEU RECXEITAMENTO Á LEY CELAÁ
- Detalles

Ante a imposibilidade de expresarse no Congreso, como sería desexable se se acataran as máis elementais normas democráticas, a Plataforma Máis Plurais, que aglutina a asociacións de pais e nais de alumnos, sindicatos, empresas e diferentes colectivos, promoveu unha concentración fronte ao Congreso para mostrar o seu rotundo rexeitamento á Lei Celaá. A pesar da complexa tramitación deste acto, finalmente logrouse a autorización dunha concentración dunhas 100 persoas e os convocantes tiveron que levar a cabo un estrito control de asistencia para non exceder o aforamento permitido e respectar as medidas de prevención derivadas da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19
Durante a concentración, á que asistiron os representantes das organizacións que compoñen a Plataforma Máis Plurais, Begoña Ladrón de Guevara, presidenta da asociación de pais COFAPA, leu un comunicado, que achegamos integramente, no que se resumen os porqué fundamentais da oposición á LOMLOE.
PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA MÁIS PLURAIS E DA CAMPAÑA "MÁIS PLURAIS, MÁIS LIBRES, MÁIS IGUAIS" NA NOSA COMUNIDADE
- Detalles

A Lei Celaá impón un modelo de educación único e limita a liberdade social.
Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa
Onte, día 3 de novembro, en rolda de prensa presentouse a plataforma Más Plurales e a campaña Máis plurais, Máis libres, Máis iguais contra a Lei Celaá, en Galicia.
INTERVENCIÓN DE FSIE NO PLENO DO CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO
- Detalles

O Pleno do Consejo Escolar del Estado reuniuse onte, 29 de outubro, para a toma en consideración do Informe 2020 sobre o Estado do Sistema Educativo. A continuación reproducímosvos a intervención do Secretario General de FSIE, Javier Muñoyerro, durante a sesión.
"FSIE adianta o seu voto favorable á toma en consideración do Informe 2020, aínda que algunhas das propostas de mellora que se realizaron non son compartidas pola nosa organización e esperamos poidan cambiar na sesión de hoxe.
Non podemos obviar nesta intervención a situación actual dunha crise sanitaria que está a impactar con dureza na sociedade.
A xestión política desde o principio da pandemia, e segue sendo practicamente igual a día de hoxe, pode recibir numerosos cualificativos, por desgraza, na súa maioría de carácter negativo.
A LEY CELAÁ IMPÓN UN MODELO ÚNICO DE EDUCACIÓN E ARRECUNCHA A LIBERDADE SOCIAL
- Detalles

Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa
A Plataforma Más Plurales presentou hoxe en rolda de prensa a súa campaña contra a Ley Celaá. Como afirmou o seu portavoz, Jesús Muñoz de Priego, "a LOMLOE vulnera dereitos recoñecidos na Constitución, reduce progresivamente o modelo do ensino concertado e atento contra a pluralidade educativa". Ademais, e entre outros aspectos, a Ley Celaá pón en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial e relega a relixión a materia de segunda, condenando ao paro ao seu profesorado. Claramente, esta Ley, tramitada sen consenso, rexeita calquera intento de alcanzar un Pacto de Estado pola Educación.
A campaña leva por título "Más plurales, más libres, más iguales. Hacia una escuela realmente inclusiva, con todos y para todos" e está promovida polas entidades adheridas á Plataforma como son as asociacións de pais COFAPA e CONCAPA, os sindicatos FSIE e FEUSO, as patronais Escuelas Católicas, CECE, Fundació Escola Cristiá de Catalunya e as entidades Ven y Verás, EnLibertad, Yo Libre, Reli es Más, FEDMA e Libres para Elegir.
Máis artigos
- INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO VII CONVENIO
- O CSIC ELABORA UNHA GUÍA DE VENTILACIÓN NAS AULAS BASEADA NUN ESTUDO EXPERIMENTAL
- PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA MÁS PLURALES, MÁS LIBRES, MÁS IGUALES
- PUBLICADO O REAL DECRETO 926/2020 POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA CONTER A PROPAGACIÓN DE INFECCIÓNS CAUSADAS POLO SARSCOV-2
- INSTRUCIÓNS PARA PERMITIR A SAÍDA DO RECINTO ESCOLAR DO ALUMNADO MAIOR DE 16 ANOS NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021
- PRINCIPAIS PROPOSTAS DE FSIE PARA A NEGOCIACIÓN DO VII CONVENIO DE ENSINANZA CONCERTADA