A UNIVERSIDADE ISABEL I, OFRÉCECHE A POSIBILIDADE DE OBTER UN MÁSTER NOVEDOSO E DE GRANDE UTILIDADE NA DOCENCIA
- Detalles

A rápida e imparable evolución da tecnoloxía penetrou por todos os recunchos do escenario educativo e propiciou unha necesidade de cambio a todos os niveis. A situación require xerar e actualizar profesionalmente aos actores do proceso de ensino-aprendizaxe atendendo a estas novas necesidades tanto tecnolóxicas como pedagóxicas. Nese punto emerxe o deseño tecnopedagóxico de forma imprescindible na creación dun ambiente de aprendizaxe adecuada ás necesidades do estudante.
Ler máis...
NA NOSA OPINIÓN: "O PROBLEMA PARA ALCANZAR O PACTO EDUCATIVO É POLÍTICO MÁIS QUE TÉCNICO", ENTREVISTA A FRANCISCO JAVIER MUÑOYERRO, SECRETARIO XERAL DE FSIE
- Detalles

FSIE APOIA A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS DE BACHARELATO
- Detalles

Baixo a lema "Moitas razóns para vir. Moitas razóns para quedar", FSIE diríxese aos mozos que nestes momentos están a decidir onde estudar aquilo que lles gusta e lémbralles que teñen a oportunidade de elixir para iso un centro concertado.
FSIE considera necesario lembrar que a educación concertada e privada é unha opción a ter en conta, e postúlase como o único sindicato que fai unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado polo artigo 27 da nosa Constitución.
Ademais, FSIE quere destacar o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.
Desde FSIE faise tamén un chamamento a todos os profesionais do sector para que colaboren na difusión desta idea entre a sociedade, porque é esencial defender un dereito fundamental e só mantendo a pluralidade na oferta, poderémolo garantir.
Documentos relacionados
Flyer campaña de escolarización en BACHARELATO 2017 - material para imprimir
Cartel campaña de escolarización en BACHARELATO 2017BACHARELATO 2017 - material para imprimir
Cartel campaña de escolarización en BACHARELATO 2017BACHARELATO 2017 - material digital
Post para Twitter campaña de escolarización en BACHARELATO 2017- material digital
LOMCE: APROBADO O REAL DECRETO QUE REGULA AS CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO E BACHARELATO
- Detalles

FORMACIÓN: ABERTA A MATRÍCULA PARA OS CURSOS DE VERÁN INEE
- Detalles

"Claves para a mellora educativa. Unha lectura das avaliacións internacionais" terá lugar entre os días 3 e 5 de xullo no Palacio da Madalena de Santander, sede da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Nel exporanse a través de relatorios, talleres prácticos e mesas redondas, reflexións e claves para a mellora dos sistemas educativos así como boas prácticas levadas a cabo polos Ministerios e centros de éxito daqueles países que viron unha mellora notable nos seus resultados nas avaliacións internacionais.
CONSTITUÍDA EN LUGO A COMISIÓN PROVINCIAL DE BECAS DE LUGO PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018
- Detalles
DATAS PARA NON ESQUECER.-
2 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes.
16 de xuño: Último día para a comunicación ós traballadores..
27 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.
13 de xullo: Último día para a Resolución da Comisión ás reclamacións.
COMISIÓN DE BECAS DE LUGO
Pza. da Milagrosa, 10 (CPR Pluriligüe Divina Pastora)
27003 LUGO
Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis artigos
- FSIE APOIA A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
- CONSTITUÍDA EN VIGO A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE PONTEVEDRA PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018
- CONSTITUÍDA A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE A CORUÑA PARA O CURSO 2017-2018
- DOG: PUBLICADAS INSTRUCIÓNS DESENVOLVEMENTO AVALIACIÓN FINAL ESO CURSO 2016-2017
- DOG: PUBLICADAS INSTRUCIÓNS DESENVOLVEMENTO AVALIACIÓN FINAL PRIMARIA CURSO 2016-2017
- SE EDUCAS EN VALORES, PRESENTA O TEU PROXECTO Ó PREMIO Á "ACCIÓN MAGISTRAL 2017"