FSIE recoñece e agradece a todos e cada un de vós a vosa dedicación e esforzo incansable que fixestes desde marzo de 2020.
- Ao persoal docente
- Ao persoal de Administración e servizos
- Ao persoal complementario
- Aos coidadores e persoal sociosanitario dos centros de atención a persoas con discapacidade
- A todas as persoas con discapacidade que traballan estes días incertos nos centros especiais de emprego
A todos, de corazón: GRAZAS!
Porque grazas á vosa vocación, profesionalidade e vontade inquebrantables os nosos alumnos, as persoas ao noso cargo e as súas familias sentiron o apoio e o agarimo de quen compomos o sector da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade.
Porque grazas a vós os valores de servizo, proximidade, atención personalizada, solidariedade, compromiso, acompañamento, e mesmo amizade e optimismo, están máis presentes que nunca como instrumento esencial para saír definitivamente desta situación excepcional. Son valores que compartimos e defendemos desde FSIE.
FSIE está e estará aquí por e para vós, como o estivemos sempre, para axudarvos e apoiarvos en todo o que necesitedes porque vós, o voso futuro e o voso benestar son a nosa razón de ser.
Gozar das merecidas vacacións e descanso. Xuntos seguiremos afrontando este e calquera novo desafío, porque xuntos seremos máis fortes.
Grazas e felices vacacións!